Bienvenidos a A Coruña

CHEGADA AO PORTO DA CORUÑA DO BUQUE HANDALA, DA FLOTILLA DA LIBERDADE, NA SÚA RUTA RUMBO A GAZA

Convocatoria dunha concetración de recepción ao buque Handala, integrante da Coalición da Flotilla da Liberdade (FFC) o xoves 27 de xuño ás 19 h. no Dique Barrié de la Maza, na Coruña.

Organizacións dentro da Coordinadora Galega de Solidariedade con Palestina: Asociación Galaico Árabe Jenin, Asociación Galiza por Palestina , o Comité Galego de Solidariedade Internacionalista Mar de Lumes máis a Asociación Cultural e de Cooperación Internacional Pallasos en Rebeldía chaman á sociedade galega a recibir o buque Handala, da Flotilla de Liberdade, cun acto festivo e reivindicativo para demostrar o compromiso do pobo galego con Palestina.

Baixo o lema “Rompamos o bloqueo en Gaza” o barco Handala, cunha tripulación formada por activistas de todo o mundo, zarpou do porto de Oslo o pasado 1 de Maio e até o mes de Agosto atracará en diversos portos europeos até pór rumbo a Gaza para denunciar e romper o ilegal bloqueo da Faixa. A súa misión inclúe concienciar das consecuencias para toda poboación da faixa da falta de axuda humanitaria, especialmente para as máis vulnerables, e da brutal invasión israelí co respaldo dos EUA , da Unión Europea e doutros países da Comunidade Internacional. A misión deste ano leva por nome “Pola infancia de Gaza, pola infancia palestina”.

O xoves 27 chegará á Coruña e convocamos non só á cidadanía da Coruña, senón a toda a sociedade galega a unirse para recibilos nunha xornada marcada pola música e a mostra da nosa solidariedade na voz de Quico Cadaval, quen fará o discurso de benvida en nome do Comité Galego de Benvida á Flotilla da Liberdade. Este comité está formado tanto por colectivos como por individualidades cunha longa vinculación coa solidariedade con Palestina.

Desde hai meses este Comité, en coordinación coa Coalición da Flotilla da Liberdade, está a traballar para garantir o avance do barco e participar na súa misión de denuncia do brutal bloqueo de Israel e, desde Outubro 2023, do xenocidio do pobo palestino. Por todo isto, despois da concentración de benvida está preparada unha axenda de actividades culturais e institucionais para mostrar o compromiso do pobo galego cos dereitos humanos e chamar a atención internacional dobre o sufrimento e resistencia do pobo palestino, A continuación detallamos a axenda confirmada a día de hoxe:

XOVES 27 – A CORUÑA

  • 19 h. CONCENTRACIÓN NACIONAL DE BENVIDA AO BUQUE HANDALA.

  • Actividade musical e discurso de benvida a cargo de Quico Cadaval, director teatral e narrador.

VENRES 28 – SANTIAGO DE COMPOSTELA

  • 10 h. Recepción polo Presidente do Parlamento Galego

  • 10.30: Rolda de prensa na Sala de prensa do Parlamento Galego

  • Visita guiada por Compostela e ao Museo do Pobo Galego.

  • 17h. Recepción no Concello de Santiago de Compostela pola Excma. alcaldesa Goretti Sanmartín.

VENRES 28 – OLEIROS

  • 19h, Recepción no Concello de Oleiros

  • 20h. Conversa – coloquio con capitán do barco

  • Gala Poética na … coa participación de Candido Pazó, Isa Risco e Xurxo Souto.

SÁBADO 29 – A CORUÑA

  • 10h. Recepción pola presidencia da Deputación da Coruña

  • 11h. Recepción na Universidade da Coruña

  • Gala artística solidaria organizada por Pallasos en Rebeldía e despedida da tripulación.